Meñique

Serei a voz do xigante Tom no filme cubano de animación “Meñique” música de Silvio Rodriguez.
En breve estrea nos cines. ;D

Unha letra de amor…

Unha letra escrita a solicitude de Budi, poñéndome na sua pel, dicíndolle a Elena o sentimento, a perplexidade, ás dubidas dun namorado:
¿Que fixen mal?
DEIXAME ADIVIÑAR, titulóuna Budi.
Unha honra que o gran ANTONIO ZAMBUJO cante as tuas verbas.
Privilexios que a vida dá!

TRAILER DA CURTA “MAL DE SANGRE”

Rodada nos arredores de Barcelona.

Escrita e dirixida por un xoven talento galego chamado PEDRO DIAZ.

Ollo con este rapaz!

Estréase esta semana en Barna e, con sorte, poderémos vela na vindeira edición do Festival de Cans.

UXIA

Querida Uxia.

Que saudades vendo este video, no que aparecemos o Dani mais eu de cando en vez!

Qué ben o pasamos no Rio, en Niteroi, por Sao Paulo, en Fortaleza…

Que privilexio ser teu amigo!

NO SOFÁ

GUIÓNS DE MOURE/MOURIX

CON SANTI ROMAI E GOLDI

 

PASÁMOLO EN GRANDE.

CANDO NOS DEIXAN, SOMOS UNHA POTENZIA.

ialma

Un deses traballos que disfrutas moito.
Facer unha versión do Just Like an Egipcian das Bangles, galeguizándoa…
Grazas Ialma, foi unha gozada vérvola cantar en ANTWERPE e sobre todo, foi marabillosa a resposta do público belga diante dun grupo de cantadeiras galegas.
Força meninas!

Desayuno con diadema.

Por esta deliciosa comedia rodada en Valencia e dirixida por Oscar Bernàcer fun premiado recentemente como MELLOR ACTOR no festival Internacional de Aguilar de Campoó ( Palencia) e no festival POR AMOR AL ARTE en A Coruña.

Grazas!

Humor neghro

Un dos espectáculos que máis teño disfrutado: HUMOR NEGHRO co gran MANECAS COSTA.
Co querido músico de Guiné Bissau percorremos ducias de escenarios, desde Ortigueira a Barcelona, desde Sines a Sanxenxo, xa vimos plateias enteiras en pé, moitas emocións…

A marabillosa voz e a viola incomparable, asi como o TAMBOR DE AUGA de Manecas souberon engaiolar a públicosnde todalas idades.
Obrigado!

E Obrigado tamén a Manolo Maseda, Natalia Sanjosé, Roberto Grandal e Lolí López de ABADA por axudarme a sacalo adiante!

Foi un verdadeiro pracer.